Feijóo cre que o PSdeG perde "un excelente voceiro" coa renuncia de Méndez Romeu

Alberto Núñez Feijóo comparecerá en rolda de prensa para dar conta dos asuntos t
XUNTA/xoán crespo
Actualizado: martes, 31 mayo 2016 13:38

Agradécelle "o nivel institucional destes anos" e deséxalle "éxito"

A CORUÑA, 31 May. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que o PSdeG perde "un excelente voceiro" tras a renuncia de José Luis Méndez Romeu a este cargo, tras saír derrotado das primarias socialistas para elixir o candidato á Xunta de Galicia, que finalmente será Xoaquín Fernández Leiceaga.

A preguntas dos xornalistas, Feijóo agradeceu a Méndez Romeu que o comunicase, por teléfono, a súa decisión antes de facela pública. "Sen ter por que", remarcou. Ademais, mostroulle o seu agradecemento polo "nivel institucional destes anos".

"Hónralle esta decisión", dixo tamén o presidente da Xunta, para quen se trata dunha medida "difícil de adoptar". Sobre os motivos esgrimidos por Méndez Romeu, dixo que lle comunicou que o facía "por coherencia política".

EXPERIENCIA DE MÉNDEZ ROMEU

Do contido da conversa, manifestou tamén que lle agradeceu a chamada "porque ultimamente na política se perdían as formas". Por outra banda, eloxiou o labor de Méndez Romeu como voceiro no Parlamento galego.

Así, dixo que o PSdeG se perde "un excelente voceiro dende o punto de vista da formación, da dialéctica e da experiencia" "Alegraríame que tivese éxitos labores profesionais", desexoulle tamén.