Feijóo fixa os eixes do "impulso democrático" en "transparencia, control externo e participación cidadá"

Alberto Núñez Feijóo en el Parlamento
EUROPA PRESS
Actualizado: martes, 27 enero 2015 11:02

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Ene. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que este mesmo xoves, na reunión do conselo do seu Goberno, se tomarán medidas no marco do "impulso democrático" co que, dixo, está "comprometido".

Ao respecto , e no inicio da súa intervención en pleno extraordinario, fixou os "eixes" destas medidas en "dotar a acción" de goberno de "transparencia", nun "maior control externo" desta e en "maior participación cidadá".

Ademais, nos primeiros minutos, Feijóo sinalou que "os corruptos poden actuar en todos os partidos, pero non son do partido", e considerou que "non se actúa de xustiza" se se trasladan "ao conxunto" as prácticas de "políticos, particulares, empresas e particulares" que non actuaran de acordo á lei.