Feijóo, a Pontón (BNG): "Hai dous bandos: asasinos e maltratadores, e mulleres. Dígame en cal está?"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no pleno.
XUNTA/CONCHI PAZ
Actualizado: miércoles, 22 noviembre 2017 12:24

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Nov. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, proclamou este mércores que el e os seus serán "implacables" contra os "terroristas que seguen asasinando mulleres" e, após apelar á unidade e asegurar que só pode haber "dous bandos" --o dos "asasinos e maltratadores" e as mulleres vítimas--, instou ao BNG a aclarar a súa postura. "Vostede dígame en que bando está", instou á portavoz nacionalista, Ana Pontón.

   "Estar nun bando simplemente contra o Goberno do PP non me parece adecuado", engadiu Feijóo, de cuxo Goberno, Pontón puxo en dúbida previamente que estivese a facer "todo o posible" para combater a violencia machista. Así, a dirixente nacionalista reclamoulle destinar o 1 por cento do orzamento da Xunta --90 millóns-- a loitar contra esta secuela e a crear, dentro da Dirección Xeral de Xustiza, unha unidade encargada de "aplicar" a lei galega contra a violencia machista.

   Ao termo da sesión de control, Pontón pediu a palabra para esixir que Feijóo retirase as palabras nas que se preguntaba polo "bando" do BNG na loita contra a violencia machista por entender que atacaba a "dignidade" do seu grupo. "Deslizou acusacións moi graves", reprobou, antes de anunciar unha queixa formal se o presidente non rectificaba.

   "Quero pedir que o presidente retire o dito ou presentaremos unha queixa formal porque ante unha crítica política non vale a indecencia política", sentenciou a nacionalista, ao que Feijóo non respondeu. Si se pronunciou o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, quen tratou de rebaixar a tensión e trasladado a Pontón que el sabe perfectamente "en que bando" está o Bloque.

   Na súa intervención no debate, Feijóo reivindicou o papel do seu Goberno na loita contra o "terrorismo machista" e defendeu que se dedica "máis diñeiro que nunca a combater esta secuela". Tamén garantiu que "seguirá traballando" e eximplificou cun acto que tiña a continuación con directivos de fútbol encamiñado ao impulso dunha campaña de igualdade no deporte.