Ferida grave unha muller nun atropelo

Actualizado: viernes, 24 octubre 2014 10:15

OURENSE/SANTIAGO, 24 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Unha persoa, unha muller duns 56 anos de idade, resultou ferida grave nun atropelo rexistrado na mañá deste venres no termo municipal de Ourense.

   Os feitos tiveron lugar sobre as 8,20 horas na Avenida de Santiago da capital das Burgas, segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press.

   Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada que levou ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) á muller ferida con prognóstico reservado, segundo indicaron fontes sanitarias.

   Mentres, sobre as 8,30 horas aconteceu en Vigo un accidente cun coche e unha moto implicados na Rúa Couto de San Honorato en Vigo, que se saldou con dúas persoas feridas, unha muller duns 72 anos e un varón de 42, levados en ambulancia asistencial ao centro hospitalario Concheiro.

SEN FERIDOS

   Ademais, sobre as 8,00 horas deste venres rexistrouse un accidente con catro vehículos implicados na saída de San Marcos da A-54 en Santiago de Compostela.

   Segundo apuntou o 112, non se rexistraron persoas feridas neste sinistro debido ao cal foron mobilizados a Guardia Civil de Tráfico e Protección Civil de Santiago.