Feridas dúas persoas nunha colisión entre un camión e un coche en Silleda (Pontevedra)

Publicado: martes, 21 agosto 2018 20:06

PONTEVEDRA, 21 Ago. (EUROPA PRESS) -

Unha colisión entre un camión e un coche rexistrada no municipio pontevedrés de Silleda na tarde deste martes saldouse con dúas persoas feridas.

Segundo informou o 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 13,15 horas no quilómetro 306 da N-525, ao seu paso por Silleda. Até a zona foron mobilizados efectivos da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros do Deza.

Unha das vítimas do suceso tivo que ser liberada do interior do vehículo, no que quedara atrapada, e, posteriormente, trasladada no helicóptero medicalizado do 061 até o Hospital Clínico de Santiago. O outro ferido, de carácter leve, foi evacuado ao centro médico de Lalín.

COLISIÓN MÚLTIPLE

Por outra banda, en Vigo, catro persoas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario despois de producirse unha colisión na que se viron implicados tres coches.

O suceso ocorreu pouco antes das 16.00 horas na ligazón da A-55 coa AP-9, en sentido Vigo.