Feridas seis persoas nun accidente de tráfico en Arteixo (A Coruña)

Actualizado: miércoles, 15 agosto 2018 14:32

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Ago. (EUROPA PRESS) -

Un total de seis persoas resultaron feridas ao chocar dous vehículos que circulaban pola rúa Asno, á altura da parroquia de Suevos, no municipio coruñés de Arteixo.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o acciente tivo lugar sobre as 1,20 horas da madrugada deste mércores cando os dous vehículos chocaron frontalmente.

Nun dos vehículos viaxan cinco persoas e no outro coche implicado circulaba só o condutor. Todos eles foron trasladados a un centro hospitalario para recibir atención médica.

Despois de recibir o aviso por parte do 061-Urxencias Sanitarias, o persoal do CIAE 112 informou os Bombeiros de Arteixo, a Protección Civil, á Garda Civil de Tráfico e á Garda Civil.