Un ferido en Cambados (Pontevedra) tras colisionar un coche e unha moto

Actualizado: viernes, 1 agosto 2014 19:10

PONTEVEDRA, 1 Ago. (EUROPA PRESS) -

Unha persoa resultou ferida sobre as 12,00 horas deste venres no municipio pontevedrés de Cambados tras colisionar un vehículo e unha moto. En concreto, ambos os dous circulaban pola Avenida da Pastora, en Tragove (Cambados).

Debido á gravidade das lesións, o CAE 112 de Galicia indicou que o ferido foi trasladado en helicóptero ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Ata o lugar do accidente tamén se desprazaron axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil de Cambados.