Un ferido grave en O Porriño (Pontevedra) tras unha colisión entre dous turimos

Actualizado: domingo, 21 diciembre 2014 20:13

PONTEVEDRA, 21 Dic. (EUROPA PRESS) -

Un home duns 30 anos resultou ferido de gravidade tras unha colisión entre dous turismos na PO-510, no concello pontevedrés de O Porriño.

O ferido, segundo relataron a Europa Press fontes de Protección Civil de O Porriño, foi evacuado ao Hospital vigués Nuestra Señora de Fátima.

En concreto, o accidente aconteceu sobre as 16,50 horas deste domingo e foi un particular quen pediu axuda ao CAE 112 Galicia, segundo este mesmo recolle na súa páxina web.

Deste modo, o CAE 112 solicitou, inmediatamente, a colaboración de Urxencias Médicas, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de O Porriño.