Ferido un home nun accidente cun tractor en Sarria (Lugo)

Publicado: viernes, 20 abril 2018 20:14

LUGO, 20 Abr. (EUROPA PRESS) -

Un home resultou ferido na tarde deste luns en Sarria ao sufrir un accidente mentres axustaba un apeiro de labranza ao tractor que manexaba.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 14,25 horas no número 12 do lugar de Farbán, en Sarria.

Os alertantes indicaron que a toma de forza do vehículo agrícola enganchouse na roupa do home e produciulle feridas as pernas. Até a zona desprazouse o helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense, que trasladou ao ferido ao hospital Lucus Augusti.