Ferido un menor tras ser atropelado por un turismo en Lugo

Actualizado: miércoles, 30 julio 2014 11:00
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

LUGO, 30 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Un menor resultou ferido na noite deste martes tras ser atropelado por un turismo na rúa Pascual Veiga da cidade de Lugo.

   Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 21.00 horas deste martes, cando un particular reclamou asistencia para un menor que fora atropelado por un vehículo que circulaba pola rúa Pascual Veiga.

   Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Policía Local e de Protección Civil de Lugo, así como unha UVI Móbil de Urxencias Médicas 061 para asistir o ferido.