Ferido un mozo en Paradela ao quedar atrapado polas pernas nun motocultor

Publicado: domingo, 25 febrero 2018 14:37

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Un mozo resultou ferido o municipio lugués Paradela ao quedar atrapado polas pernas nun monocultor que estaba a manexar, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

   O suceso tivo lugar ás 11,20 horas da mañá do domingo no lugar da Carretería. O ferido tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de Sarria e, posteriormente, foi trasladado polo helicóptero medicalizado con base en Ourense até un centro hospitalario.

   Ademais dos bombeiros e Urxencias Sanitarias 061, a central de emerxencias tamén puxo o caso en coñecemento da Garda Civil.