Feridos dous menores nun atropelo en Vilagarcía

Actualizado: jueves, 24 abril 2014 15:31
cia" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

PONTEVEDRA, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

   Dous menores resultaron feridos na mañá deste xoves nun atropelo rexistrado nun paso de peóns no municipio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) e unha muller ao ser arrolada en Vigo.

   Sobre as 8,46 horas tivo lugar un atropelo na estrada vella en Vilagarcía de Arousa, na PO-192, nun paso de peóns xunto a unha parada de autobús na parroquia de Vilar, segundo os datos facilitados polo 112 e Protección Civil a Europa Press.

   En concreto, Protección Civil sinalou que os menores, de 10 e 11 anos, cruzaban un paso de peóns cando supostamente dirixíanse a coller o autobús escolar e foron atropelados por un vehículo que non puido frear.

   Foron mobilizados a Policía Local, o servizo municipal de emerxencias e Protección Civil, así como o 061, que desprazou unha ambulancia e un médico ao lugar. Os dous menores, segundo concretou Protección Civil, foron levados ao Hospital do Salnés.

VIGO

   Mentres, sobre as 8,36 horas sucedeu outro atropelo na antiga Avenida de Madrid, na estrada cara ao Hospital Meixoeiro, en Vigo, no que resultou ferida unha muller de idade avanzada.

   Ao lugar, segundo indicaron fontes sanitarias, o 061 trasladou unha ambulancia medicalizada que levou ao Hospital Meixoeiro á persoa ferida, a muller J.J.R., de 70 anos de idade.