Feridos un home e dous nenos ao envorcar un camión en Baltar (Ourense)

Publicado: viernes, 23 junio 2017 20:21

OURENSE, 23 Jun. (EUROPA PRESS) -

Un home de 41 anos de idade e dous nenos de 14 resultaron feridos este venres despois de envorcar o camión no que viaxaban á altura do municipio ourensán de Baltar.

Segundo os datos proporcionados polo 112, o camión, que transportaba herba, envorcou cando circulaba pola OU-1109 en dirección Portugal, o seu país de orixe, sobre as 15,15 horas.

Pola súa banda, fontes do 061 indicaron a Europa Press que se produciu unha saída de vía e que os feridos non revisten tanta gravidade como se pensou inicialmente.

Un deles foi trasladado en helicóptero ao hospital Cristal, en Ourense, o mesmo centro no que a ambulancia deixou a outro. O terceiro foi enviado a Verín.