Galicia presenta un saldo positivo de 3.240 millones

Actualizado: miércoles, 23 julio 2014 13:22
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO/MADRID, 23 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Galicia, cun saldo positivo de 3.240 millóns de euros, despois dos de Andalucía (7.421), Canarias (4.054) e Castilla e León (3.929), é a comunidade autónoma que sae máis beneficiada do cálculo das balanzas fiscais feitas públicas polo experto Ángel de la Fuente no Ministerio de Hacienda e Administraciones Públicas.

   A Comunidade de Madrid é a que ten un maior déficit fiscal cun total de 16.723 millóns menos dos que achega ao Estado, practicamente o dobre que a segunda comunidade, Cataluña, que bota un déficit fiscal de 8.455 millóns de euros, segundo as contas públicas territorializadas presentadas este mércores.

   As denominadas balanzas fiscais revelan que Madrid, Cataluña, a Comunidade Valenciana e Baleares son as catro autonomías que ostentan un balance negativo, mentres que o resto de comunidades presentan un saldo positivo segundo o método de carga-beneficio elixido polo grupo de expertos aos que o departamento dirixido por Cristóbal Montoro encargou o estudio.

   En concreto, a Comunidade Valenciana presenta un déficit fiscal de 2.018 millóns e Baleares de 1.483 millóns. No outro lado da balanza, Andalucía (7.421 millóns), Canarias (4.054), Castilla e León (3.929) e Galicia (3.240) son as que salguen máis beneficiadas deste cálculo.

   O resto de autonomías tamén teñen un saldo positivo: Extremadura (2.991 millóns), Castilla-La Mancha (2.043), Asturias (1.666), País Vasco (1.576), Ceuta e Melilla (702), Aragón (633), Cantabria (205), Murcia (173), Navarra (35) e La Rioja (12).