Galicia pechou 17.614 empresas en 2013, 916 máis de 16.698 que creou

Trabajador de Inditex
GETTY
Actualizado: miércoles, 25 noviembre 2015 19:12

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -

Galicia rexistrou un total de 16.698 novas empresas en 2013, o que supón 916 menos que as 17.614 que desapareceron ese ano, segundo os datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pola súa banda, o 'stock' -conxunto de compañías activas durante todo o ano ou parte del- de empresas que operaron en Galicia durante 2013 foi de 208.051, o que supón un descenso de 1.617 (-0,7%) respecto ás 209.668 coas que contaba en 2012.

Segundo estes datos do INE, a Comunidade galega situouse por debaixo da media tanto en creación coma en destrución de empresas durante o ano 2013.

Así, a ratio de nacementos de compañías en Galicia foi do 8%, fronte ao 8,6% en España. A taxa de desaparición de empresas na Comunidade foi do 8,5%, mentres no Estado se situou nun 9,3%.

De tal forma, a taxa de creación de empresas en Galicia (+8%) foi a quinta máis baixa das autonomías, co País Vasco coa peor ratio (+5,7%) e Baleares como a mellor (+9,3). No outro lado, a Comunidade galega tivo a quinta mellor taxa en destrución de compañías (8,5%), onde Navarra presenta os mellores datos (7,1%) e Comunidade Valenciana os peores (+10,4%).