Galicia volve conxelar as taxas universitarias e seguirá coas "máis baratas"

 Consello da Xunta do 24 de maio de 2017.
XUNTA DE GALICIA
Actualizado: miércoles, 24 mayo 2017 14:01

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 May. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este mércores, tras a reunión semanal do seu Executivo, que Galicia seguirá á cabeza das comunidades con taxas universitarias "máis baratas", xa que proporá unha vez máis, para o curso 2017-2018, a conxelación de todos os prezos para os títulos de graos e máster.

   "Proporemos de novo conxelar as taxas, como fixemos desde que chegamos nos títulos de grao e na súa totalidade no últimos cinco anos", aseverou Feijóo, quen cifrou nunha media duns 1.400 euros o aforro das familias por estudante durante o catro anos de grao.