Requisados 40 quilos de ameixa babosa e identificadas 20 persoas

Actualizado: martes, 5 febrero 2013 11:43

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Feb. (EUROPA PRESS) -

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, en colaboración coa Policía Autonómica, realizaron o luns un operativo en Rianxo e Cabo de Cruz (A Coruña) que se saldou coa identificación de 20 persoas e 40 quilos de ameixa babosa requisados.

Segundo explica o departamento de Mar nun comunicado, na actuación os axentes requisaron 40 quilos de ameixa babosa que foi devolta ao mar na zona e incautáronse oito raños.

A Consellería do Medio Rural e do Mar recorda á cidadanía que o consumo de marisco extraido e comercializado de modo ilegal "pode supoñer un risco para a saúde" ao non pasar "ningún tipo de control que o avale".

Por iso, a Xunta pide ao consumidor que "non compre produto" fóra das canles legais de comercialización".