Haberá unha revisión de todas as pirotécnicas de Galicia e dos lugares de almacenamento de explosivos

Efectos da explosión en Tui (Pontevedra)
EUROPA PRESS
Publicado: jueves, 24 mayo 2018 12:47

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 May. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que encargou á Delegación do Goberno que realice unha revisión "pormenorizada" de todas as pirotécnicas autorizadas en Galicia e dos lugares tanto de manipulación como de almacenamento de explosivos, despois da grave explosión rexistrada este mércores nun almacén irregular de Tui (Pontevedra).

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo solicitou tamén a colaboración cidadá para que comunique ás autoridades se teñen "calquera mínima sospeita" dun movemento de explosivos "en lugares afastados ou distintos da instalación pirotécnica".

Feijóo, que se trasladará nas próximas horas a Tui, referiuse a esta como "unha investigación completa" non só para tentar aclarar o ocorrido no municipio pontevedrés, senón tamén para que "non volva ocorrer". Na súa opinión, a normativa é "moi estrita", pero "ningunha autoridade pode garantir ao 100%" que alguén non se sae da lei e subliñou que, no suceso de Tui, "en ningún caso podían estar eses explosivos onde estaban".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)