Un home de 34 anos resulta ferido no incendio dunha vivenda na Coruña

Actualizado: martes, 21 octubre 2014 20:46

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Oct. (EUROPA PRESS) -

Un home de 34 anos resultou ferido por intoxicación de fume tras rexistrarse un incendio na súa vivenda, situada na rúa Juan Canalejo da Coruña.

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o lume iniciouse nun microondas e o fume afectou a toda a vivenda, que tivo que ser desaloxada.

Ao lugar do suceso desprazáronse efectivos de Bombeiros, Policía Local e Urxencias Médicas-061, que trasladou ao ferido, de 34 anos, ao Complexo Hospitalario