Un home de 60 anos, desaparecido tras caer ao mar na Coruña

Actualizado: viernes, 28 noviembre 2014 22:06

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Un home de 60 anos de idade atópase desaparecido tras caer ao mar na Coruña dende o peirao do Portiño, tal e como informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo.

   Foi precisamente Salvamento Marítimo o que recibiu unha alerta do 112 ás 19,36 horas en relación a que dúas persoas caeran ao mar dende o citado peirao.

   Se ben unha delas, outro home, puido ser rescatado por pescadores, o outro home segue desaparecido, segundo as mesmas fontes.

   Malia que as condicións meteorolóxicas son "adversas", estableceuse un dispositivo de busca conformado polo helicóptero Helimer 209 e a lancha Salvamar Mirfak, ambos os dous de Salvamento, e a embarcación de Cruz Vermella L/S Condesa Pardo Bazán.