Un home resulta ferido de gravidade cando montaba o escenario dunha orquestra en Moraña

Publicado: sábado, 30 julio 2016 11:36

   PONTEVEDRA, 30 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Un home resultou ferido de gravidade, con importantes lesións nunha perna, tras caer dunha altura duns catro metros cando montaba o escenario dunha orquestra en Moraña (Pontevedra).

   Segundo informou este sábado o CAE 112 Galicia, en suceso aconteceu pasadas as 20,00 horas do venres na parroquia de Saiáns, concretamente, no lugar de Santa Lucía.

   Foi un particular quen informou os servizos de emerxencia, tras o que se desprazou unha ambulancia de Urxencias Médicas ao punto e trasladou o ferido ao Hospital Domínguez, en Pontevedra.

   Tras a alerta, activouse un operativo no que, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, participaron os axentes da Policía Local, Garda Civil e voluntarios de Protección Civil.