Un incendio activo na Estrada afecta a unhas 20 hectáreas e o de Santiago supera xa as 10

Incendio rexistrado na parroquia de Sampaio, en Santiago
Europa Press
Actualizado: sábado, 19 mayo 2018 19:53

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 May. (EUROPA PRESS) -

   Dous incendios rexistrados na tarde deste sábado permanecen activos na Estrada (Pontevedra), con 20 hectáreas afectadas, e Santiago de Compostela, onde a superficie queimada ascende ás 10 hectáreas.

   Segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Medio Rural, o incendio rexistrado na Estrada comezou sobre as 16,37 horas na parroquia de Sabucedo.

   Na súa extinción participan tres axentes, sete brigadas, tres motobombas, unha pa e seis helicópteros.

INCENDIO EN SANTIAGO

   Pola súa banda, o lume que permanece activo desde as 16,43 horas deste sábado na parroquia de Sampaio, en Santiago de Compostela, afecta a unhas 10 hectáreas de superficie.

   As mesmas fontes precisaron que as chamas comezaron sobre as 16,43 horas e que se rexistraron varios focos.

   Nos labores de extinción participan tres axentes, tres brigadas, tres motobombas, unha pa e catro helicópteros.