Un incendio afecta a unha nave dedicada a almacenaxe de material de pesca no peirao de Bouzas, en Vigo

Actualizado: jueves, 20 noviembre 2014 10:02

VIGO, 20 Nov. (EUROPA PRESS) -

Os Bombeiros de Vigo e outros efectivos foron mobilizados na madrugada deste xoves debido a un incendio que afectou a unha nave dedicada a almacenaxe de material de pesca no peirao de Bouzas.

Segundo informou o 112, non houbo persoas feridas porque no momento de producirse o incendio, sobre as 3,20 horas, a nave afectada estaba baleira.

O servizo de emerxencias indicou que o incendio unicamente afectou á parte superior da estrutura. Foi un particular o que alertou ao CAE 112 Galicia ás 3,20 horas do incidente.

Por iso, o 112 pasou aviso aos Bombeiros de Vigo, Policía Nacional e Guardia Civil. Ademais, informouse o persoal de Medio Ambiente da Consellería e a Autoridade Portuaria.