Interceptado sen carné nun coche sen ITV, cunha pasaxeira sen cinto e un bebé sen retención

Publicado: lunes, 24 abril 2017 20:26

VIGO, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

Axentes da Policía Local de Vigo interceptaron a un mozo vigués de 29 anos que conducía un vehículo sen ITV a pesar de ter o carné retirado, e que levaba no asento traseiro do coche a unha muller sen o cinto de seguridade e portando a un bebe sen ningún sistema de retención infantil.

A Policía Local informou de que os feitos ocorreron sobre as 13,00 horas do pasado sábado, cando axentes motorizados procederon a dar o alto ao turismo, un BMW 320, na avenida de Buenos Aires, á altura do acceso á AP-9.

Os axentes comprobaron que no asento traseiro do coche viaxaba unha muller sen utilizar o cinto de seguridade e portando un bebé en brazos sen ningún tipo de sistema de retención infantil. Ademais, verificaron que o condutor carecía de permiso de conducir por perda total dos puntos, e que o coche tiña caducada a ITV.