Interior xustifica a acción policial na manifestación anti Lomce en Vigo polas "provocacións"

Actualizado: sábado, 19 abril 2014 14:58
cia" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

Explica que os axentes foron rodeados e foi "necesario" o uso da "defensa regulamentaria"

   VIGO, 19 Abr. (EUROPA PRESS) -

   O Goberno xustificou a actuación da Policía durante a manifestación contra a Lomce que tivo lugar en Vigo o pasado 20 de novembro (que acabou con varios estudantes e axentes feridos, e 6 detidos) polas "provocacións" e "empuxóns" de algúns dos participantes na protesta, que chegaron a lanzar obxectos aos membros das Forzas de Seguridade.

   Así se expresou o Executivo en resposta a unha pregunta do Grupo Mixto, formulada pola deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, sobre o número de efectivos, o uso de material antidisturbios ou as consecuencias da súa actuación. Na súa pregunta, a parlamentaria nacionalista refírese a esa actuación dos axentes como unha "desproporcionada carga policial contra estudantes".

   Segundo sinalaba Fernández Davila, nesa protesta houbo "un grande despregamento policial" malia que se trataba dun "acto reivindicativo pacífico", e os estudantes "foron obxecto dunha brutal e desproporcionada carga policial, posto que a Policía Nacional disparou mesmo pelotas de goma".

   Así mesmo, o BNG indicaba que moitos proxenitores denunciaron que os seus fillos recibiron porrazos, e varios resultaron con feridas, que tiveron que ser revisadas en distintos servizos médicos da cidade.

   Segundo Fernández Davila, esta actuación e o grande número de axentes nas protestas parece "unha práctica establecida", polo que o Ministerio "debería reflexionar acerca deste modo de proceder, que vulnera dereitos fundamentais da cidadanía".

RESPOSTA DO GOBERNO

   Na súa resposta, á que tivo acceso Europa Press, o Goberno sinalou que o dispositivo policial nesa ocasión estivo formado por 45 funcionarios da Unidade de Intervención Policial (UIP). Tamén indicou que, ao inicio da protesta en Ás Travesas, o número de participantes era dunhas 350 persoas, que aumentaron a unhas 600 ao chegar á Praza de España.

   Por outra banda, apuntou que, posteriormente, "se incorporaron á manifestación unhas 25 persoas coa cara tapada e portando mochilas", que comezaron a queimar colectores, lanzar pedras, botellas de cristal e outros efectos".

   Segundo o Ministerio do Interior, estas condutas deron lugar "ás correspondentes detencións", pero "en ningún momento se levou a cabo intervención desproporcionada nin carga policial ningunha". Ademais, Interior tamén subliñou que, cando a protesta se estaba a disolver, foi detido un novo que lanzou un obxecto metálico a un policía.

   "Esta detención derivou en novas provocacións e empuxóns á forza pública, que foi rodeada por uns 150 manifestantes, polo que foi necesario o uso da defensa regulamentaria", explicou o Goberno, que tamén recordou que 9 axentes resultaron feridas, dos que 6 requiriron asistencia médica.