Cartel dunha nova desaorecida en Barreiros difundido pola familia en redes.
FAMILIA DE LA DESAPARECIDA
Actualizado: lunes, 18 junio 2018 12:29

LUGO, 18 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Policía Nacional investiga a desaparición dunha moza de 22 anos de idade de Barreiros (Lugo) desde o pasado 14 de xuño após a denuncia presentada pola súa familia.

Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que indicaron que a denuncia da desaparición foi presentada o pasado venres ás 16,00 horas na Comisaría da Policía Nacional de Lugo.

A familia difundiu un cartel coa foto da moza desaparecida, Jennifer Herrero González, de 22 anos, no que indica que leva desaparecida desde o xoves 14 de xuño.

Tamén o cartel aparece unha foto da matrícula do seu vehículo, de cor vermella, por se alguén o viu. No cartel tamén se indica números de teléfonos (982 26 51 18/ 982 26 51 64) aos que dirixirse en caso de ter algunha pista, ademais do 091 da Policía.