Kepa Junkera, Poetarras, Biribirlocke, Arrhytmia e Esposa protagonizan o XV Festigal

Kepa Junkera
EL COHETE INTERNACIONAL
Actualizado: sábado, 23 julio 2016 15:48

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Kepa Junkera & Sorginak, Poetarras, Arrhythmia, Biribirlocke e Esposa protagonizarán este domingo, día 24 de xullo, a XV edición do Festigal, que encherá de música e diversión Santiago de Compostela na véspera da celebración do 'Día da Patria'.

   Tras o éxito do seu álbum 'Galicia' e con toda unha carreira dedicada á música tradicional e ás músicas de raíz, Kepa Junkera volve ás súas orixes no País Vasco cunha obra magna: unha pequena historia da 'trikitixa' coa que celebra os seus 35 anos ao lado deste instrumento.

   "O que fai Kepa é un traballo a fondo, rigoroso e ameno", sinala a organización que indica que, nesta ocasión, traerá ao Festigal "ritmos galegos mesturados coa esencia vasca" da man de pandereteras que "aseguran a diversión e o dinamismo que transmite o folclore tradicional".

   Ademais, Poetarras defínese como un colectivo arterrorístico formado por Manuel Gago, Pablo Lamosa, Rubén Lino e Daniel Vilaverde, que naceu en 2013 tras unha noite de festa. "As Súas armas son sketches e cancións, humor e música, retranca e melodías,", sinala a organización.

   Tamén actuarán Arrythmia, composto por Alberto Busto, Álvaro L. Barreiro e Alejandro Maciñeiras, un trío que fai rock en galego e que quere mostrar o planeta "a posibilidade de chegar ao gran público sen venderse nin transformar a base do seu son".

   Pola súa banda, Esposa é a banda gañadora do concurso 'Novos Valores que será o encargado de abrir a noite neste evento organizado por Galiza Nova e pola Fundación Galiza Sempre arredor do 'Día da Patria'.

   Postos de artesanía, eventos deportivos, talleres infantís e colectivos sociais que desenvolven o seu traballo en Galicia tamén terán un espazo no Festigal, no que haberá unha zona de acampada gratuíta cun prezo solidario de tres euros previa inscrición na web do Festigal.