Localizan o cadáver dun home dentro dun vehículo

Actualizado: martes, 29 julio 2014 11:26
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Efectivos xudiciais investigan as circunstancias da morte dun home cuxo cadáver foi localizado na noite deste luns dentro dun vehículo aparcado na estrada N-550 á altura de Padrón (A Coruña).

   Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, alertados pola presenza do vehículo, foron veciños da zona os que se achegaron ao turismo e informaron, sobre as 22.00 horas do luns, da presenza dun cadáver.

   O turismo, segundo contaron os mesmos veciños, levaba aparcado na zona --na beiravía en dirección cara a Padrón-- polo menos dous días.

   Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e da Garda Civil, así como a comitiva xudicial, que ordenou o levantamento do cadáver, que corresponde a un home duns 40 anos, pasada a media noite.