Lugo rexistra a queima de nove colectores na madrugada

Actualizado: miércoles, 30 julio 2014 18:16
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

O comité de empresa de Urbaser desvincúlase destas accións e apunta á presenza na cidade dun posible pirómano

   LUGO, 30 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A cidade de Lugo rexistrou na madrugada deste mércores, cando se cumpre o día 51 da folga de lixos, a queima de nove colectores en tres rúas próximas entre si.

   Segundo informaron a Europa Press fontes dos Bombeiros da cidade, entre as 3.00 horas e as 6.00 horas deste mércores, no prazo de tres horas, os seus efectivos sufocaron lumes en nove colectores, situados en tres rúas próximas entre si. Estes lumes únense aos seis colectores queimados en noites anteriores na cidade.

   En concreto, os Bombeiros extinguiron os lumes de tres colectores na rúa Armando Durán, un dos cales afectou á cuarta planta dun edificio lindante a causa do fume. Así mesmo, outros tres colectores arderon na rúa Madanela e os tres restantes calcináronse entre os números 99 e 121 da Rúa San Roque.

   O secretario do comité de empresa de Urbaser, Julio Pacio, desvinculouse este mércores da queima de colectores e acusou desta ondada de incendios un posible pirómano.

   Neste sentido, Pacio recordou que antes de que se iniciase a folga do lixo en Lugo, hai 51 días, xa se producía na cidade "unha queima importante de colectores e a propia policía nacional saíu publicamente dicindo que estaba detrás dun pirómano". "Nós non temos nada que ver, nin que dicir nada ao respecto", explicou Pacio.

CANSAZO NALGÚNS SECTORES

   Con varias asociacións que non ocultan o seu malestar pola situación, Julio Pacio explicou que son os traballadores da concesionaria da limpeza, un total de 139, "os máis prexudicados con estes 51 días sen salario" e apela, de novo, "á conivencia entre concello e empresa, que é a que alonga o conflito buscando exemplificar en todo o territorio nacional con estas sancións e despedimentos".

   A empresa comunicou o despedimento aos once membros do comité de empresa e mantén o apercibimento de sanción outros 78 operarios.