O manifesto do movemento 'Marea Atlántica' supera os 2.000 apoios

Actualizado: sábado, 13 septiembre 2014 19:07

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Sep. (EUROPA PRESS) -

O manifesto do movemento 'Marea Atlántica' superou este sábado os 2.000 apoios e achégase ao obxectivo de conseguir as 2.500 sinaturas antes do final de setembro e así "validar" as súas intencións a nivel cidadán.

A través dun comunicado, a iniciativa cidadá explicou que pretende manter a organización de mareas e celebrar en outono unha 'Marea Viva', un encontro que "daría forma ao traballo" e explicitar o "desexo doutra Coruña".

Ademais, formulou a posibilidade de presentar unha lista de confluencia e alternativa ao bipartidismo e ás elites dominantes nas eleccións municipais de maio de 2015.

Con todo, 'Marea Atlántica' subliñou que fixou, durante os últimos días, puntos de sinatura físicos en distintas zonas da Coruña, e que o seu manifesto segue aberto no seu web.