Manuel Baltar anuncia accións xudiciais "contundentes" contra o exxerente do PP de Ourense Emilio Pascual

Actualizado: viernes, 21 noviembre 2014 20:01

OURENSE, 21 Nov. (EUROPA PRESS) -

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar Blanco, anunciou que exercerá "con toda contundencia e firmeza" as accións xudiciais que correspondan contra o exxerente do PP ourensano Emilio Pascual, polas "mentiras e falsidades" declaradas contra a súa persoa nos medios de comunicación, en informacións coñecidas este venres.

En concreto, en declaracións a Europa Press, o que foi xerente do PP de Ourense entre os anos 1983 e 2010 asegura que decidiu "romper o pacto de silencio" e destapar ante a xuíza instrutora da Operación Pokémon, Pilar de Lara, irregularidades no financiamento de este partido para defenderse das acusacións que fixera contra el José Luis Baltar Pumar en sede xudicial.

Ademais, Pascual afirmou que o actual presidente do PP de Ourense e fillo do seu predecesor no cargo, Manuel Baltar Blanco, sabía que había "contabilidade B".

Manuel Baltar, quen nada máis coñecerse o auto de De Lara no que ratifica as súas sospeitas de financiamento ilícito no PP de Ourense, manifestou "o máximo respecto aos procedementos xudiciais e aos órganos xurisdicionais", pediu que se aclare este asunto "con máxima transparencia para que non quede ningunha dúbida".

Para iso, reiterou que, "como non pode ser doutro modo", terá "a colaboración total e absoluta" do PP de Ourense.

"ACUSACIÓNS SEN FUNDAMENTOS"

Iso si, advertiu que o que "non se "pode consentir" é que se lancen "acusacións sen fundamentos nin probas", coa "única finalidade" de "danar a imaxe, a honra e a credibilidade das persoas, e que esa conduta quede impune".

Así, iniciou xa os trámites para poñer "en mans da xustiza" todas as informacións emitidas e publicadas polos medios de comunicación locais, rexionais e nacionais "para que se depuren as correspondentes responsabilidades".

Baltar volveu reiterar que unha das primeiras decisións que tomou dende que foi elixido presidente do PP de Ourense, o 30 de xaneiro de 2010, foi a de prescindir os servizos do daquela xerente polo "pésimo concepto que tiña da súa profesionalidade e a inexistencia de confianza na súa persoa".

"O que si podo asegurar é que as doazóns que puidesen existir no PP de Ourense son tramitadas legalmente", resolveu.