Marea Atlántica celebra o terceiro aniversario do seu goberno acompañados por Jorge Suárez e a deputada Yolanda Díaz

Xulio Ferreiro no acto do terceiro aniversario de Marea Atlántica
MAREA ATLÁNTICA
Actualizado: domingo, 17 junio 2018 18:01

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Jun. (EUROPA PRESS) -

Marea Atlántica celebrou este domingo o terceiro aniversario da súa chegada a María Pita cun acto que tivo lugar no barrio da Gaiteira, onde o rexedor, Xulio Ferreiro, chamou afrontar con optimismo o ano que falta para a cita coas urnas na que o proxecto rupturista busca consolidarse á fronte do goberno herculino.

Se o sábado foi a quenda de Compostela Aberta, este domingo foi o día no que Marea Atlántica reuniuse para coller forzas de cara ás eleccións do próximo ano. Alí estiveron o rexedor ferrolán, Jorge Suárez, e a deputada de En Marea no Congreso Yolanda Díaz que acompañaron á marea herculina no seu 'aniversario' de goberno.

A diferenza do organizado por CA, no que practicamente todos os referentes do espazo rupturista a nivel galego arrouparon a Martiño Noriega; este domingo non estivo na Coruña o portavoz de En Marea, Luís Villares, quen desculpou a súa ausencia o pasado sábado porque tiña a intención de pasar a xornada no seu lugar natal, Lugo.

Após as intervencións do portavoz de Marea Atlántica, Xan Xove, e a concelleira María García; Xulio Ferreiro dirixiuse aos asistentes para apelar a "cumprir coas expectativas" da xente que en 2015 depositou a súa confianza no recentemente nado proxecto.

"Non sempre acertamos. Non sempre o conseguimos. Pero temos moitos motivos para estar orgullosos: a renda social, o fin das touradas, o feminismo, o coidado ambiental... o feito de estar á beira da Avenida de Oza e non en xeral Sanjurjo", declarou o rexedor en referencia ao cambio na denominación da citada rúa.

Nesta liña, chamou a continuar a senda aberta en 2015, no que "en moitas cidades do Estado" díxose "non á corrupción e ao autoritarismo". "O camiño que iniciamos entón foi o que fixo posible desaloxar da Moncloa ao partido máis corrupto de Europa", incidiu Ferreiro.