Martínez (Grupo Mixto) pide que se cambie a data do pleno ao coincidir co Día da Clase Traballadora Galega

Chelo Martínez.
EUROPA PRESS
Actualizado: viernes, 27 febrero 2015 15:47

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Feb. (EUROPA PRESS) -

A deputada do Grupo Mixto Chelo Martínez solicitou que se cambie a data da sesión plenaria prevista para o día 10 (aínda sen convocar), debido a que coincide coa celebración do Día da Clase Traballadora Galega.

"Estou segura que a todas as persoas membros da Mesa do Parlamento e da Xunta de Portavoces, como eu, pasaron por alto a coincidencia do próximo pleno coa celebración do 10 de marzo", refire no seu escrito.

Ademais, sinala que esta efeméride é un día de homenaxe aos traballadores galegos pola loita en defensa dos seus dereitos de clase e os dereitos civís e democráticos para o conxunto da sociedade galega e "debe ser recoñecido institucionalmente, favorecendo a participación do pobo e das súas institucións nos actos convocados en relación a esta celebración".

Por este motivo, a voceiro correspondente do Grupo Mixto solicita á Mesa do Parlamento que "cambie a data do próximo pleno, para que os deputados que desexen poidan asistir a unha conmemoración dificilmente escusable".