Piden asilo político ao activista saharauí Hassana Aalia

Concentración en apoyo al activista saharaui Hassana Aalia
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: sábado, 24 enero 2015 21:19

AGE, BNG e Compromiso por Galicia mostran o seu apoio á petición e esixen ao Estado que solucione a situación

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Ene. (EUROPA PRESS) -

   Medio centenar de persoas concentráronse este sábado en Santiago de Compostela para esixir ao Goberno central que conceda asilo político o activista saharauí Hassana Aalia, condenado por un tribunal militar de Rabat a cadea perpetua "con acusacións falsas".

   No acto, organizado por Solidaridade Galega co Pobo Saharaui e a Delegación Saharauí para Galicia, os participantes explicaron que Hassana Aalia foi detido en 2010 por participar no campamento 'Gdeim Izik', instalado como protesta pacífica para demandar dereitos sociais e políticos a Marrocos. Por estes feitos, foi "xulgado en dúas ocasións por un tribunal militar e absolvido".

   Tras iso, en 2011, grazas a unha bolsa de estudios para formación en dereitos humanos, Hassanna instalouse en Bilbao. Precisamente, cando xa estaba en España "decatouse, por un compañeiro encarcerado, que estaba condenado a cadea perpetua,", explicou a presidenta da Asociación de axuda ao pobo saharauí en Galicia, Maite Isla.

   Este feito, indicou Illa, levoulle a pedir asilo político ao Ministerio de Asuntos Exteriores, cuestión que "lle denegaron". "Consideramos que isto é un acto político grave, porque este mozo, ademais, é fillo de españois,", lamentou.

   Por estas cuestións, o pasado 19 de xaneiro, a policía española entregoulle o auto de resolución da súa solicitude de asilo político no Estado español, no que se lle anuncia a súa saída obrigatoria do país en 15 días. Iso, segundo advertiu Maite Isla, levaralle a unha "encarceración segura na prisión de Sae, preto de Rabat", onde cumpren condena outros 22 presos políticos do grupo 'Gdeim Izik'.

PRESENZA POLÍTICA

   Á concentración asistiron distintos membros de AGE, BNG e Compromiso por Galicia para mostrar, coa súa presenza, o apoio o seu apoio ás reivindicacións do pobo saharauí e, concretamente neste caso, do activista Hassana Aalia.

   Así, o voceiro do BNG no Concello de Santiago, Rubén Cela, destacou que o Bloque sempre foi unha organización "tremendamente solidaria" coa causa do pobo saharauí e a loita de Fronte Polisario pola construción dun Estado libre no Sahara.

   "No caso de hoxe, ademais, pedimos ao Estado español que de asilo a un militante dos dereitos humanos que foi condenado a cadea perpetua por un tribunal marroquí exclusivamente por defender os dereitos humanos e a liberdade do seu pobo", indicou.

   Precisamente, o deputado de AGE Xabier Ron considerou "moi grave" a denegación da petición de asilo político a Hassana Aalia. "Representa darlle crédito a un país que vulnera dereitos humanos como é Marrocos, unha potencia colonial, ocupante", asegurou antes de criticar que "unha vez máis, o Estado español denega a súa responsabilidade na situación que vive o pobo saharauí".