Miles de persoas maniféstanse co BNG en Santiago "pola soberanía" de Galicia

Actualizado: viernes, 25 julio 2014 12:48
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Miles de persoas maniféstanse este venres polas rúas de Santiago de Compostela con motivo do Día da Patria, na tradicional marcha que o BNG convoca cada 25 de xullo "pola soberanía" de Galicia e co nacionalismo como "esperanza de futuro".

   Baixo o lema 'En pé por Galiza. Soberanía, democracia, dereitos', a marcha partiu da Alameda compostelana pasadas as 12.20 horas, onde o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, chamou a "sumar forzas" para un "grande proxecto" nacionalista de esquerdas, co obxectivo de que todos estean "unidos" arredor das "reivindicacións de país e nación" de Galicia.

   Na convocatoria, na que participan decenas de colectivos de diverso tipo, como preferentistas ou emigrantes xubilados retornados, pódense oír cánticos como "Galicia ceibe, poder popular" ou "independencia".

   (HABERÁ AMPLIACIÓN CON FOTO)