Morre o condutor dun tractor no Incio (Lugo) tras sufrir un accidente

Actualizado: jueves, 3 septiembre 2015 19:20

SANTIAGO DE COMPOSTENA, 3 Sep. (EUROPA PRESS) -

Un home morreu este xoves no Incio (Lugo) tras sufrir un accidente co tractor que manexaba nun terreo situado no lugar de Eirexalba, segundo informa o 112.

Os bombeiros de Sarria tiveron que intervir para rescatar a vítima, que quedara atrapada baixo o motocultor, e non puideron facer nada para salvalo a vida.

Un particular deu o aviso ás 15,50 horas deste xoves e o persoal do centro de atención ás emerxencias activou entón un operativo no que ademais dos bombeiros e os servizos sanitarios de urxencia participaron os axentes da Garda Civil e de Protección Civil do Incio.