Morre un traballador ao caerlle encima unha pedra nas obras dunhas vivendas en Ponteareas

Actualizado: jueves, 30 marzo 2017 13:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Mar. (EUROPA PRESS) -

Un operario faleceu este xoves tras caerlle unha pedra encima mentres traballaba nunhas vivendas en construción no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra).

Segundo informou o 112 Galicia, o corpo sen vida do traballador quedou atrapado debaixo da pedra nunhas obras na parroquia de Arnoso, no lugar dO Outeiriño.

Foi un particular o que informou do ocorrido ao 112 Galicia ás 12,00 horas deste xoves, tras o que se alertou a Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Ponteareas, para a excarceración da persoa falecida.

O 112 Galicia tamén solicitou a colaboración da Guardia Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade.