Morre unha persoa nunha saída de vía na Baña (A Coruña)

Publicado: sábado, 27 mayo 2017 11:48

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 May. (EUROPA PRESS) -

Unha persoa faleceu esta madrugada tras saírse da estrada co vehículo no que circulaba ao seu paso do municipio da Baña, na Coruña.

O sinistro produciuse na AC-546, a estrada que conecta Negreira con Muxía, á altura de Seoane, e a vítima saíu despedida do seu vehículo.

O 112 Galicia recibía unha chamada dunha persoa particular ás 3.10 horas desta noite, alertando de que vítima permanecía ferida de gravidade.

O Centro de Atención ás Emerxencias alertou ao 061, Bombeiros do Xallas e a Garda Civil de Tráfico. Os efectivos sanitarios trasladaron á vítima aínda con vida á PAC de Negreira, onde acabou falecendo.