Mosquera incide en que o substituto de Domínguez debe ser de "total confianza" e compartir "absolutamente" os seus obxec

La conselelira de Sanidade, Rocío Mosquera, en un acto
EUROPA PRESS
Actualizado: jueves, 18 septiembre 2014 19:00

VIGO, 18 Sep. (EUROPA PRESS) -

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, incidiu en que quen substitúa a Nieves Domínguez na xerencia do Servizo Galego de Saúde (Sergas) debe ser unha persoa de "total confianza" e que comparta "absolutamente" os seus obxectivos, os da organización e os da Xunta.

Así o manifestou este xoves en declaracións aos medios previamente a un congreso en Vigo, onde subliñou que a elección do próximo xerente é "é unha decisión moi importante". "É o meu segundo da bordo e ten que ser unha persoa de total confianza, e que teñamos unha visión do que ten que ser o Sergas nos próximos anos", apuntou.

En relación ás causas que propiciaron a marcha de Domínguez da xerencia do Sergas, a titular de Sanidade volveu asegurar que esta se debe ao seu desexo de "irse á asistencia clínica". "Ela ten a súa praza en atención primaria e xa levaba unha tempada dicindo que lle apetecía incorporarse outra vez e vez pacientes", explicou.

Ademais, remarcou que no cesamento de Domínguez "non hai ningún outro motivo que non sexa ese desexo de incorporarse á asistencia". "Cinco anos aválannos, teño un equipo moi consolidado que funcionou francamente ben e os resultados están aí", destacou a conselleira.

A pesar diso, recoñeceu que se a xerente do Sergas "non desexaba continuar e había que facer un cambio, este parecía o momento máis oportuno", posto que a Estratexia Sergas "cumpre este ano unha etapa" e neste momento a levando a cabo unha avaliación para crear unha nova estratexia para os próximos catro anos, nos que participará a nova persoa que se incorpore.

Acerca desta nova persoa, aínda que admitiu falar con máis de medio centenar de persoas, descartou achegar nomes ou concretar datas para o relevo, que será "absolutamente normal" e para o que dixo non ter "présa".