Un motorista duns 40 anos, trasladado ao Hospital de Lugo con múltiples feridas nun accidente na Fonsagrada

Actualizado: sábado, 13 septiembre 2014 16:46

LUGO, 13 Sep. (EUROPA PRESS) -

Un motorista duns 40 anos de idade tivo que ser trasladado este sábado ao Hospital Lucus Augusti (HULA) ao presentar múltiples feridas a consecuencia dunha saída de vía na localidade lucense da Fonsagrada.

Como indicaron a Europa Press fontes de Protección Civil, os feitos producíronse na LU-701 na saída da Fonsagrada.

"Por causas que se descoñecen, saíuse da estrada", detallaron as mesmas fontes, antes de apuntar que, malia que o ferido tiña "feridas múltiples", non chegou nunca a perder o coñecemento.

Nesta circunstancia, foi evacuado polo 061-Urxencias Médicas ao Punto de Atención Continuada (PAC) e, posteriormente, trasladado ao Hula.