Un motorista ferido tras chocar contra un coche en Sada (A Coruña)

Publicado: viernes, 28 abril 2017 19:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Abr. (EUROPA PRESS) -

Un motorista resultou ferido na tarde deste venres en Sada despois de que a moto na que circulaba chocase contra un turismo. En concreto, o accidente rexistrouse na Avenida da Mariña, á altura do Concello.

Segundo a información facilitada ao 112, o coche implicado no sinistro continuou a súa marcha despois de impactar contra a moto.

A Policía Local de Sada puxo os feitos en coñecemento do 112 Galicia ás 17,40 horas. Acto seguido, alertouse a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Betanzos e a Protección Civil.