A néboa obriga a desviar un voo no aeroporto de Santiago

Aeropuerto De Santiago De Compostela
AEROPUERTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Actualizado: miércoles, 29 junio 2016 10:27

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Jun. (EUROPA PRESS) -

   A néboa rexistrada na capital galega a primeira hora deste mércores obrigou a desviar a Vigo un voo que debía aterrar no aeroporto de Santiago.

   Segundo informaron a Europa Press fontes de Aena, o voo afectado é un EasyJet procedente de Xenebra que estaba previsto que aterrase en Santiago ás 8,15 horas, pero que finalmente tomou terra en Vigo.

   O aeroporto de Santiago rexistrou nas últimas semanas múltiples desvíos a causa da néboa pola desconexión do sistema de axuda á aterraxe en baixa visibilidade ILS, que non está activo por obras na terminal.