Un operario ferido en Barro (Pontevedra) ao vir abaixo o tellado que arranxaba

Publicado: viernes, 28 abril 2017 19:39

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Abr. (EUROPA PRESS) -

Un traballador resultou ferido na tarde deste venres no concello de Barro (Pontevedra) tras sufrir un accidente laboral, segundo informa o 112.

A vítima estaba a arranxar un tellado cando parte da estrutura veu abaixo. O operario precipitouse ao chan desde unha altura dun tres metros.

O accidente aconteceu nunha casa situada en Fonte do Curro, na parroquia de Curro. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 16,15 horas, a través dun aviso de Urxencias Sanitarias.

Pola súa banda, o 112 alertou á Garda Civil e a Protección Civil. O operario foi trasladado polos efectivos sanitarios ao Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra.