O orzamento da CRTVG sobe un 2% en 2018, ata case 107 millóns

Crtvg. Np "A Tvg Emite Esta Noite Do Luns Un Novo Especial Informativo Sobre Vos
CORPORACIÓN DE RADIO Y TELEVISIÓN DE GALICIA
Actualizado: viernes, 20 octubre 2017 17:37

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Oct. (EUROPA PRESS) -

O orzamento consolidado da CRTVG para 2018 será de 106,9 millóns de euros, o que supón unha subida do 2% respecto dos 104,7 millóns de euros de 2017.

Así figura no proxecto de orzamentos da Xunta para 2018, no que se observa que o Goberno galego achegará 97 millóns, mentres que os preto de 10 millóns restantes son de ingresos publicitarios -8,6 millóns- e doutras vendas e ingresos de xestión.

Nos gastos de persoal da CRTVG hai un incremento na previsión para 2018 ata 50,1 millóns -incluíndo 700.000 euros en provisións-, o que supón unha alza fronte aos 48,7 millóns de 2017.

Pola súa banda, os servizos externos baixan a 15,4 millóns de euros en 2018 fronte aos 16 millóns de 2017. Así mesmo, prevense investimentos para dixitalización, cun aluguer operativo de servizos a cinco anos.