Os hoteis en Santiago rexistraron en xullo unha ocupación media do 61,7%

Catedral de Santiago de Compostela
Foto: EUROPA PRESS
Actualizado: jueves, 21 agosto 2014 16:30
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Ago. (EUROPA PRESS) -

   Os hoteis da capital galega rexistraron, o pasado mes de xullo, unha ocupación media do 61,72 por cento, case tres puntos por debaixo do mesmo mes de 2013, cando se alcanzou o 64,63 por cento.

   Son datos da Asociación de Hostalaría Compostela, que detallou que as mellores cifras de ocupación se lograron nos hoteis de cinco estrelas (64,44%) e nos de dous (64,25%).

   Por detrás, os de tres quedaron no 63,53 por cento e os de catro, no 60,41 por cento; mentres que os dunha estrela se situaron no 52,51 por cento e son os únicos que melloraron os seus números de xullo de 2013 --en case un punto--.

   Outros establecementos que tamén rexistraron unha mellor ocupación que o pasado ano foron as pensións, que tiveron ocupados o 55,1 por cento das súas prazas. En xullo de 2013, a ocupación apenas superou o 54 por cento.

   Por categorías, as de tres estrelas alcanzaron o 63,48 por cento de ocupación e son as únicas que melloran --en case seis puntos-- os datos do ano anterior. As de dúas estrelas tiveron unha ocupación do 51,56 por cento e as de tres, do 38,33 por cento.