Os sindicatos da Función Pública ven o proxecto "unha ofensa máis" e botar "máis leña" aos servizos públicos

Los representantes de los sindicatos de la función pública
EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 1 octubre 2014 17:17

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Oct. (EUROPA PRESS) -

Os sindicatos da Función Pública galega (UGT, CC.OO., CIG e CSIF) ven o proxecto de lei de Presupostos Xerais do Estado (PGE) como "unha ofensa máis aos empregados públicos e cren que significa botar "máis leña" á situación dos servizos públicos.

Así o sinalaron, a preguntas dos medios, os voceiros das catro centrais sindicais este mércores en rolda de prensa. "Era unha oportunidade de ouro para recuperar o que nos quitara e, aínda enriba de que non o repoñen, utilízano para quitar máis", criticou o representante de UGT, José Vázquez.

Pola súa parte, Emilio Doforno, de CC.OO., censurou unhas contas que vai "máis do mesmo", cun aumento "mínimo" das pensións e diminución das prestacións por desemprego. "E Feijóo parece que quere ir máis alá", advertiu, sobre a conxelación dos salarios aos empregados públicos e o proxecto de presupostos que deberá presentar agora a Comunidade Autónoma.

Roberto Varela, da CIG, reprochou que o Goberno central adopte "recortes por un lado e por outro" no que denomina "economía da pé" e, ademais, asegurou que "está a mentir claramente", pois no "trasfondo" do proxecto, ao seu xuízo, está a idea de buscar "unha depreciación progresiva dos servizos públicos", ao existir "un melón moi apetecible" para a empresa privada.

Por último, o voceiro de CSIF, José Sánchez Brunete, cualificou de "vergonzoso" o proxecto de presupostos, "un insulto" para os empregados públicos que, así mesmo, é "limitativo" para que calquera comunidade autónoma, concello ou deputación poida negociar un aumento das retribucións.