Parte da provincia da Coruña estará este sábado en alerta amarela por chuvias que poden superar os 40 l/m2

Alerta por lluvias para el sábado 22 de noviembre en Galicia.
METEOGALICIA
Actualizado: sábado, 22 noviembre 2014 6:32

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Nov. (EUROPA PRESS) -

O Oeste, sueste e noroeste da provincia da Coruña estará este sábado, 22 de novembro, en alerta amarela por precipitacións que poden superar os 40 litros por metro cadrado.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por MeteoGalicia, recollido por Europa Press, este sábado Galicia estará baixo a influencia das baixas presións do Atlántico, cunha fronte achegándose polo noroeste, con chuvias persistentes.

Deste modo, a partir das 6,00 horas o aviso será amarelo no Oeste, sueste e noroeste da Coruña por acumulación en doce horas de chuvia que puntualmente poden superar os 40 litros por metro cadrado.