Persoas sen fogar de Santiago sinalan que a súa "vida se veu abaixo" cando quedaron sen casa

Actualizado: jueves, 27 noviembre 2014 22:03

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Nov. (EUROPA PRESS) -

Persoas sen fogar de Santiago de Compostela entregaron este xoves un manifesto ante o Instituto Galego da Vivenda e do Solo (IGVS) no que explican a súa problemática e sinalan que as súas "vidas se viñeron abaixo" cando se viron sen casa.

"Todo o meu mundo e a miña vida se viñeron abaixo cando me vi fóra da miña casa, na rúa. É nese momento cando es consciente e te decatas do que perdes e o que significa ter unha casa, un fogar,", apunta o manifesto.

O acto, que se celebrou no marco do Día de Persoas sen Fogar, que terá lugar o domingo 30 de novembro e coa que quere denunciar, baixo o lema 'Por unha vivenda digna e axeitada. Ninguén sen fogar', a situación de emerxencia residencial na que se vive.

"Queremos ser un máis, que se nos escoite, ter unha casa non se trata dun privilexio, é un dereito a todas luces. Ter acceso a ela non debería ser algo que tivésemos que gañar, senón algo que esta sociedade non se non se pode permitir", conclúe o manifesto.