A Policía identifica o presunto autor dun incendio forestal en Santiago

Actualizado: miércoles, 4 mayo 2016 19:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 May. (EUROPA PRESS) -

Axentes da Policía Autonómica identificaron e imputaron unha persoa como presunta autora dun incendio forestal no Concello de Santiago de Compostela.

Segundo informou a Xunta a través dun comunicado, o lume que se lle imputa tivo lugar o pasado domingo, día 1 de maio, na parroquia de Sabugueira e afectou a unha superficie duns 36.000 metros cadrados de monte arboredo.

O Goberno galego precisou que na actual campaña contra incendios forestais foron identificadas e imputada por parte da Policía autonómica un total de 14 persoas en relación a este tipo de lumes.