O PPdeG confía en que Alcoa "sexa responsable" na poxa e recorda que a Constitución protexe o interese social

Pedro Puy, portavoz parlamentario del PPdeG
EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 22 diciembre 2014 13:42

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Dic. (EUROPA PRESS) -

O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, confiou en que Alcoa "sexa responsable" na poxa eléctrica que se celebra dende este luns e esperou que, ademais de responder aos intereses dos accionistas, teña en conta tamén "responsabilidade social" das súas decisións, como se recolle --dixo-- na Constitución española.

"Confiamos en que a empresa sexa responsable", manifestou en rolda de prensa Pedro Puy, na que indicou que "unha dos paradoxos que se producen ás veces neste mundo globalizado", é que as grandes multinacionais "non teñen en conta algúns preceptos que están aceptados na maior parte de países occidentais", incluída España.

Referiuse á convención de que "a empresa non só cumpre un fin primario", que é retribuír os accionistas, senón tamén "unha función social".

A iso, sumou o "paradoxo" de que estas multinacionais atenden intereses de accionistas, que en "moitos casos" son fondos de pensións doutros "países".

Así as cousas, esperou que a empresa "sexa responsable" dende o punto de vista dos accionistas, pero "tamén dende o punto de vista da incidencia social". Neste sentido, advertiu de que autoexcluirse da poxa sería "algo certamente lamentable".